Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de puntos para o Choco no primeiro partido de liga en Negreira

RR_Noticias

O Choco trouxo un punto da súa visita ao campo coruñés, e mesmo puideron ser tres, xa que Óscar tivo varias ocasións na recta final do partido para inclinar o resultado do lado redondelán. Malia que o Negreira dominou a primeira metade do partido, e adiantarse no marcador, os de Montes reaccionaron na segunda parte e igualaron o encontro.

Terceira División
Negreira 1-1 Choco
A primeira parte foi dominada claramente polo equipo local, que cun gran traballo defensivo e moita presión puxo en apuros ao Choco, que tiña problemas para sacar o balón xogado desde atrás. O Negreira inaugurou o marcador no minuto 28. Juan Diego viu adiantado a Cortegoso e bateuno por alto. Co 1-0 chegouse ao descanso. Na continuación o Choco reaccionou, saíu ao campo controlando o xogo e a posesión do balón. O dianteiro Óscar destacou con varias ocasións, e seu foi o gol do empate no minuto 73, tras controlar un centro lateral de Yago e colocar o balón na escuadra. Tras o empate, o Choco non deu respiro ao Negreira e de novo Óscar, ata en tres ocasións, puido dar a vitoria aos redondeláns. Os acertos de Pajarillo e a falta de puntería evitaron que o Choco trouxera os tres puntos para Redondela. Reparto de puntos finalmente co 1-1 no marcador na estrea ligueira 2015-2016. Con este resultado os redondeláns sitúanse na zona media da clasificación. O próximo fin de semana o Choco debutará ante a súa afección, recibindo en Santa Mariña a o debutante Galicia Mugardos, que na xornada de onte domingo caeu derrotado no seu terreo de xogo ante o Barbadás por un apertado 1-2.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará