Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aparece rota unha das figuras do grupo escultórico de Jules Verne instalado en San Simón

RR_Noticias

O conxunto artístico, formado pola figura do Capitán Nemo e dous buzos, atópase entre a praia de Cesantes e a illa de San Simón, e quere ser unha homenaxe á obra “Vinte mil leguas de viaxe submarina” de Jules Verne. É obra dos artistas Ramón Lastra e Sergio Portela.

Unha das figuras dos buzos está rota desde hai semanas, e permanece tirada na area sen que, polo de agora, se fixese nada por reparala. O grupo escultórico consta dunha figura de Nemo nun pedestal e dous mergulladores a un nivel inferior, no mar. O grupo municipal do PSOE denunciou onte o caso, e o estado de “abandono” deste conxunto artístico. O PSOE redondelán advirte que “non se pode tolerar” a perda das esculturas, doadas pola Xunta en 2004, e relaciona este caso de “falta de mantemento dos bens culturais” á actitude do goberno local. Acusan ao equipo de Javier Bas de “maltrato cultural” e de esquecer o patrimonio, o que vinculan a outros feitos como “a limpeza dos cruceiros con auga a presión ou o corte cunha radial das pedras do viaduto”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará