Hoxe é Venres 27 de Novembro de 2020

Marcos Montes: “Pensar nun obxectivo que vaia máis alá da permanencia sería un erro”

RR_Noticias

O C.D. Choco prepara o inicio de liga logo da espléndida temporada realizada na campaña pasada, coa clasificación para o play off de ascenso. Os cambios no cadro de xogadores e do propio técnico non muda a filosofía do equipo, que seguirá “na mesma liña de xogo”. O novo adestrador sinala que “non renuncia a nada” pero advirte que o principal obxectivo é “a salvación”.

Para acadala o equipo tivo que volver a reinvertase, un ano máis, ante as numerosas baixas de xogadores e a saída do técnico. Marcos Montes substitúe ao seu irmán, Jacobo, que deu por finalizada a súa etapa de catro anos como adestrador no equipo redondelán e fichou polo Alondras. Marcos recoñece que o reto é “moi difícil”, porque logo dos éxitos das últimas campañas “o listón está moi alto”. O novo adestrador non renuncia a nada, e no caso de confirmar a permanencia con tempo suficiente, non desbota a posibilidade de loitar por outras metas, pero lembra que é importante ter “os pés na terra”. O técnico, malia que procede do Valadares, xa era coordinador das categorías inferiores do Choco, polo que é un gran coñecedor do club, e tamén do primeiro equipo. Por iso era a primeira opción da directiva, que pretende “dar continuidade” á progresión ascendente do Choco. No equipo deste ano seguen 14 dos xogadores da pasada temporada, e Montes incorpora a tres xogadores procedentes do Valadares, polo que os cambios esta temporada son menores. A campaña de Terceira División comezará este domingo, 23 de agosto. O primeiro partido dos redondeláns será en Negreira. Un choque que afrontan “con descoñecemento” ao tratarse o rival dun recentemente ascendido á Terceira División, polo que o seu obxectivo é preparase a fondo nos adestramentos desta semana para afrontar o partido “nas mellores condicións”.

Marcos Montes adestrador do C.D. Choco
Para Montes o obxectivo prioritario é a permanencia na Terceira División.
Aposta pola continuidade
Este ano o equipo sufriu menos cambios e Montes aposta por continuar o mesmo esquema de xogo.
Negreira-C.D.Choco
O Choco enfróntase a un descoñecido Negreira recén ascendido no primeiro partido de liga.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *