Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE denuncia que as obras da AP-9 en Chapela supoñen “un atropelo” para os veciños

RR_Noticias

A deputada socialista do Parlamento Galego, Carmen Gallego, mantivo unha xuntanza coa Plataforma de Afectados pola Ampliación da AP-9, e visitou a zona da parroquia onde se executan as obras. Criticou que o Ministerio de Fomento non estea a cumprir cos compromisos adquiridos cos veciños e esixiu “que se respecten os dereitos” dos afectados.

Foi o pasado venres cando a deputada autonómica visitou Chapela para coñecer de primeira man os traballos que se están a realizar para a ampliación da autoestrada. Gallego criticou nin Audasa, empresa concesionaria, nin o propio Ministerio de Fomente teña informado aos veciños, porque malia que as obras comezaron hai meses, aínda hai afectados que non teñen resolta a expropiación dos seus bens. A deputada do PSOE tamén reclamou a convocatoria urxente da comisión de seguimento das obras, aínda pendente de se constituír, e esixe melloras no proxecto como a instalación de pantallas sonoras para reducir a contaminación acústica á que se ven sometidos os veciños da zona. Gallego, que estivo acompañada por membros do grupo municipal do PSOE redondelán, comprometeuse a elevar o asunto ao Congreso e ao Senado, con varias preguntas para o Ministerio de Fomento a través dos representantes socialistas nas dúas cámaras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará