Hoxe é Mércores 21 de Outubro de 2020

Chapela acolle a súa I Exaltación do Mexillón con degustacións e animación musical

RR_Noticias

A pista deportiva do CEIP Laredo, no paseo de Cardona, é o lugar elixido pola Círculo Cultural Recreativo de Chapela para esta primeira festa do mexillón. Un produto moi vencellado á parroquia que poderá degustarse en diferentes variedades a prezos populares esta fin de semana.

Emilio Sánchez, presidente do C.C.R., salienta que o obxectivo principal é ofrecer aos veciños unha fin de semana de diversión, coa degustación do mexillón que é un dos produtos representativos da parroquia. A festa comezará o sábado 15 ás 18.00 horas, cando comezarán a servirse os mexillóns en empanada, ao vapor e á vinagreta. A partir das 22.00 horas comezará a actuación do Dúo Musical “Ana e Ricardo”. O domingo 16 haberá festa todo o día. As degustacións comezarán ás 11.00 horas, e haberá actuacións folclóricas coa actuación do Grupo de Gaitas “Froles Mareliñas”, así como o grupo de gaitas de Areas e as gaitas “Tarabelo”. Pola tarde, a partir das 20.00 horas, actuación do grupo musical “Os Galeóns de Chapela”. A organización ofrece os mexillóns a prezos populares, con racións a 2,50 euros, e tamén viños da terra e refrescos. Sánchez anuncia tamén que desde o C.R.C. de Chapela están a organizar xa outras actividades como unha excursión ás illas Cíes e a Festa da Sardiña, a finais de mes.  

Emilio Sánchez presidente do CCR Chapela
Sánchez anima aos veciños a participar na festa.
Viaxe a Cíes e Festa da Sardiña
O CCR Chapela prepara máis actividades.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *