Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de 30.000 persoas participarán nun Entroido de Verán con David Civera como estrela

RR_Noticias

Redondela celebra a 18º edición do Entroido de verán, que cada ano medra en actividades e asistencia de público. O concerto de David Civera, a música caribeña de La Ricura e as sesións de Dj´s farán que o público non pare de bailar no recinto ferial, onde se celebrará tamén a Gala Drag Queen. O público infantil terá actividades na Praza da Casa da Torre, a rúa Ribadavia e a pista da Xunqueira.

A diversión está asegurada o sábado día 22 de agosto en Redondela coa celebración do Entroido de Verán, todo un referente en Galicia que cada ano gaña en animación e público. A cita, organizada polo Concello de Redondela a Asociación de Empresarios, confía en superar os 30.000 asistentes da pasada edición. As actividades comezarán xa pola mañá coas visitas guiadas á illa de San Simón desde o pantalán do Meirande ás 11.00 e do peirao de Cesantes ás 12.00, que serán de balde. Ás 17.00 o grupo de percusión Trópico de Grelos abrirá a festa polas rúas da vila, e á mesma hora comezarán as actividades par aos nenos na Praza da Casa da Torre, a rúa Ribadavia e a pista da Xunqueira, con obradoiros de máscaras, globoflexia, inchables e xogos. Ás 19.30 comezará o espectáculo infantil “A bailar” de Animar-t. Os picadiscos comezarán o seu espectáculo ás 18.30 horas no recinto feiral con DJ Beat, Rodri Vegas e Chimo Cabreira. Haberá tamén espectáculos de baile con Danza Porté. Ás 20.00 actuarán o grupo cubano afincado en Galicia “La Ricura” e ás 22.00 comezará a V Gala Drag Quenn, presentada un ano máis por Cristian de Samil.O concurso será un dos pratos fortes da festa nunha edición na que se incrementan os premios, cun total de 1.800 euros para os tres mellores. Rematada a gala comezará o concerto de David Civera, ás 00.30 horas. Os asistentes bailarán ao ritmo de éxitos como “Que la detengan”, “Dile que la quiero”, “Me ha robado el corazón” ou “Mentirosa” ata as 02.00 horas. Toda a programación foi presentada onte no Multiusos da Xunqueira coa presenza do concelleiro de Cultura, Xabier Alonso, o presidente da Asociación de Empresarios, Fernando Sampil, a alcaldesa accidental, Carmen Amoedo, integrantes do grupo La Ricura, e o gañador do concurso de Drag Queen 2014 e xurado nesta edición, Jacobo Simón- Drag J. Amoedo quixo incidir na “boa colaboración” entre a Asociación de Empresarios e o Concello para facer posible este evento. Un entroido de verán que é “único en Galicia” e que medra cada ano. Sampil advertiu tamén que este ano haberá un especial “control” dos postos ambulantes para a venda de bebidas e comida na rúa, que deberán ter a correspondente licenza. Un esforzo que completan cun plan de seguridade especial en Redondela, e o control no acceso ao recinto para evitar obxectos de cristal que poidan causar incidentes. Para o concelleiro Xabier Alonso, a seguridade “é unha prioridade absoluta”. A organización ten artellado tamén un servizo de transporte público con autobuses que unirán Redondela coas áreas de Vigo, Pontevedra e outros municipios da contorna como O Porriño e Pazos de Borbén. Desde primeira hora da tarde e ata a madrugada haberá servizo para evitar os desprazamentos en coche.  

Carmen Amoedo alcaldesa accidental
Amoedo salienta o éxito deste entroido que sitúa a Redondela como capital das festas na provincia.
Xabier Alonso concelleiro de Cultura
A seguridade é unha prioridade para os organizadores polo que se establecerá un plan especial de emerxencias.
Transporte público
A organización establecerá rutas en autobús que unirán Redondela coa área de Vigo e Pontevedra desde primeira hora da tarde ata altas horas da madrugada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará