Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de trinta obras forman a XX Mostra de Artistas da Bisbarra de Soutomaior

RR_Noticias

O Castelo de Soutomaior acolle un ano máis a Mostra de Artistas da Bisbarra, organizada pola concellería de Cultura. Unha exposición que alcanza este ano a súa XX edición e que xa se converteu en todo un clásico na programación cultural de Soutomaior. Pintura, escultura e fotografía son algunhas das disciplinas que poden contemplarse.

O certame inaugurouse coa presenza do artista convidado Kike Orza nun acto no que Dolores Cernadas, edil de Cultura, destacou a “cantidade, calidade e variedade” das obras expostas. Son máis de 30 obras que reflicten o potencial creativo da comarca. Esculturas, pinturas e fotografías son o resultado da escena artística reunida e exposta nas instalacións dun referente histórico como é o Castelo de Soutomaior. Entre os artistas atópanse desde afeccionados á pintura ou a escultura, novos licenciados en Belas Artes que se abren camiño na profesión, ou artistas xa recoñecidos como o invitado deste ano, o pintor Kike Orza. As técnicas e materiais empregados en cada obra varían e xunto á pintura, pódense observar fotografías, gravados e esculturas en pedra, ferro e madeira. A exposición poderase visitar até o 30 de agosto en horario de mañá de 11:00 e as 14:00 horas e, pola tarde, desde as 17:00 até as 21:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará