Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres nenos saharauís pasarán o verán en Redondela

RR_Noticias

Neste ano 2015 son tres os menores acollidos por familias do noso concello até o 5 de setembro dentro do programa “Vacacións en Paz”. Unha iniciativa da ONG, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí en Galicia que ten como obxectivo que os nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do Sahara poidan pasar os meses de verán en concellos de toda a nosa comunidade.

O programa é posible gracias ó acollemento de familias, que lles permite afastarse durante un uns meses das duras condicións nas que viven o resto do ano. Este venres os nenos e as familias foron recibidos polo alcalde de Redondela, Javier Bas, quen fixo fincapé no beneficioso deste programa tanto para os cativos acollidos como para as familias e fixo un chamamento á unha maior colaboración coa Ongd Solidaridade Galega co Pobo Saharauí. O Concello de Redondela ten asinado dende fai varios anos un convenio de axuda con esta ong polo cal se financian as viaxes dos nenos e nenas acollidos por familias do noso Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará