Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños esixen que se paralicen as obras da AP-9 mentres non haxa un plan de reposicións

RR_Noticias

Denuncian que os traballos de ampliación da autoestrada en Chapela están a causar moitos prexuízos en vivendas que non serán expropiadas. Vibracións, gretas, desprendementos e fortes ruídos son algúns dos danos que teñen que padecer os veciños. Tamén bens públicos como camiños e traídas de augas están a ser afectados. Os veciños advirten que “se esgotou a súa paciencia”, e anuncian mobilizacións.

Desde a Asociación de Afectados pola Ampliación da AP-9 denuncian que desde hai anos veñen mantendo reunións con responsables de Audasa e Fomento, e que “sempre se comprometeron a facer ese plan de reposicións antes de comezar as obras”. Francisco Puch, voceiro da asociación denuncia que “non cumpriron con esas promesas”. César, un dos afectados, sinala que unha vez que comezaron as obras, o único interese da empresa é rematar os traballos canto antes, e “despreocupáronse por completo dos prexuízos que están a causar aos veciños”, que se atopan con problemas de accesos as súas vivendas. As estreiras rúas da parroquia non están preparadas para soportar os camións de gran tonelaxe cos que transportan os materiais para a obra. Isto causa “estragos” nos camiños de acceso ás vivendas e nas propias casas. A de Mari Carmen, como a de moitos outros, presenta xa importantes gretas e desprendementos de azulexos por mor das fortes vibracións das obras. Esixen ao Concello que se celebre un pleno extraordinario e se paralicen as obras mentres Audasa e o Ministerio de Fomento non presente un protocolo de actuación e un plan de reposición de todos os bens afectados, tanto os públicos como os privados. Esgotouse a paciencia dos veciños, que anuncian protestas na rúa se non se soluciona esta situación en Chapela. Os afectados advirten que as mobilizacións son o último recurso que lles queda para evitar estes “atropelos”. Os residentes de Chapela lamentan os continuos prexuízos que sofre a parroquia por mor da autoestrada, sen recibir ningunha contraprestación a cambio. Denuncian que os veciños do Morrazo estean libres de peaxe para circular entre Vigo e Vilaboa, mentres que os de Chapela e Redondela deben abonar a taxa para circular entre Rande e Vigo, que ascende a 0,90 euros. Unha situación que cualifican de “vergoñenta”.  

César veciño afectado
Os veciños de Chapela afirman estar fartos das promesas inclumpidas de Audasa e o Ministerio de Fomento.
Vibracións e gretas nas casas
Casas que non serán expropiadas están a sufrir graves desperfectos por mor das obras.
Pleno extraordinario
A Asociación de Afectados pola AP-9 esixe a paralización das obras e a celebración dun pleno extraordinario.
Mobilizacións
Os veciños advirten que se esgotou a súa paciencia e anuncian mobilizacións.
Liberalizar a peaxe
Denuncian un trato discriminatorio por parte de Fomento e esixen a gratuidade da peaxe entre Rande e Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará