Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente reparte 500 conos para evitar as cabichas nas praias

RR_Noticias

O obxectivo da Concellería e promover que tanto as cabichas “un residuo altamente contaminante e cun tempo de degradación moi longo” como outros pequenos desperdicios non sexan botados na area. Os conos xa comezaron a repartirse nas praias na pasada semana e tamén se poden recoller gratuitamente nos postos dos socorristas.

Dende a Concellería de Medio Ambiente estase a realizar nas últimas semanas un reparto polas praias de Cesantes e Chapela de conos para tratar de evitar que os bañistas tiren nos nosos areais cabichas, cáscaras e outros pequenos residuos que resultan imposibles de limpar polas máquinas de limpeza de praias.
“As cabichas son un residuo moi común nos nosos areais, e malia que parecen uns residuos insignificantes son moi contaminantes para os peixes e é moi difícil eliminalas das nosas praias mediante a limpeza que se realiza habitualmente por iso intentamos concienciar aos fumadores intentando facilitarlles unha maneira cómoda de desfacerse delas” afirma Miguel Ángel Álvarez responsable do departamento.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará