Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tangata e Migliarini actúan no Meixón Music

RR_Noticias

O cuarteto de tango instrumental Tangata únese o gran cantante arxentino Enrique Migliarini nun concerto que se poderá seguir en directo este mércores ás 21:00 horas na praza de Meixón Frío dentro da programación organizada polos locais de hostalaría Café da Vila e a tenda de Candelaria.

Nesta ocasión soarán temas de Gardel, Enrique Santos Discépolo ou do propio Astor Piazzolla. “Balada para un loco”, “Uno”, “Cambalache” ou “Caminito” estarán entre as pezás que a banda interpretará esta tarde nas terrazas de Café da Vila e A Tenda de Candelaria.
Enrique Migliarini na voz, Artigas Anelo no bandoneón, Laura Quintillán no violín, Alberto Vilas no piano e Gustavo Barcia no contrabaixo é a formación que se poderá oir neste concerto.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará