Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

González acusa ao PSOE de alarmar á cidadanía sobre a falta de resposta nas emerxencias

RR_Noticias

O incendio que se producía no céntrico monte Machaquito ou o escape de gas esta mesma mañá en Os Eidos, no que foi precisa a actuación dos bombeiros, puxo de manifesto novamente a falta de efectivos no Servizos de Extinción de Incendios de Redondela (SEIS) integrado actualmente por tan só tres traballadores. O PSOE asegura adherirse ao convenio  con Medio Rural co fin de protexer a nosa vila” e o BNG acusa ao goberno de “poñer en perigo aos veciños”. Os populares responden “o servizo non conta con máis efectivos porque a oposición négase a apoiar a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en Redondela” asegura o edil de interior Arturo González.

O goberno local nega rotundamente as afirmacións do PSOE nas que aseguran que se tardou “máis de 25 minutos ata que chegaran os efectivos do 085 ao incendio que o pasado luns se producía no monte Machaquito” xa que segundo explica o edil de interior “dous traballadores do Servizo de Redondela estaban alí en cuestión de minutos”. Recoñece González que é preciso ampliar “dentro da legalidade o servizo” algo que ao seu entender “só se pode facer a través da colaboración coa Xunta xa que a lei impide ao concello incrementar o número de traballadores”. Neste sentido acusa a oposición e máis concretamente ao PSOE de “poñer paus na roda cando se intentan dar solucións a este problema por ter votado en contra de que Redondela se sumase ao convenio da Xunta para a creación dos GES”. Asegura González que “o PSOE actúa por intereses partidistas e votan en contra porque non lles interesa que o servizo se mellore durante o mandato do PP”. O responsable de interior traslada unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía “o Servizo de emerxencias locais está perfectamente coordinado cos bombeiros de Vigo, o servizo comarcal e o servizo antiincendios da Xunta para garantir unha resposta rápida ante calquera situación que se poida producir”. Engade que están en conversas coa Xunta co obxectivo de “incorporarse ao GES a final de ano porque ese é o único xeito de ampliar o servizo”.  

Arturo González concelleiro de Interior
Recoñece a falta de efectivos pero responsabiliza da situación a oposición
Paus na roda
Acusa ao PSOE de non colaborar para resolver a situación
Protocolo de emerxencias
Mensaxe tranquilizador
Convenio coa Xunta
Traballar para incorporarse ao GES

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará