Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas reivindica no Día de Galicia a condición de galego “un valor e motivo de orgullo”

RR_Noticias

O goberno local celebrou o venres o tradicional acto institucional co gallo do Día de Galicia. O alcalde Javier Bas leu un discurso no que falou do “valor da galeguidade” e reivindicou a necesidade de que institucións e veciños defendan “os valores patrimoniais que recibimos en herdanza e que debemos seguir preservando cara o futuro”.

Unha data para conmemorar “os fitos históricos que nos construíron como comunidade singular, pero tamén unha xornada para botar a vista atrás e lembrar de onde vimos”. Con esas palabras arrancaba un discurso no que o rexedor local, acompañado doutros membros da corporación municipal, tanto do goberno como dos grupos da oposición, fixo un chamamento á cidadanía “a participar no labor colectivo de facer unha Galicia máis competitiva e tamén máis galega”. Un discurso no que non faltaron referencias “ás persoas que acrecentaron o valor da galeguidade co seu enseño e vontade”, homes e mulleres anónimas pero tamén nomes propios como os de galegos ilustres que destacaron nos seus diversos campos de traballo “aqueles que puxeron en pé unha industria farmaceutica galega con proxección internacional, o oftalmólogo Antón Beiras que posibilitou a corrección do estrabismo, Ramón Verea, o galego que inventou a calculadora ou Angel Carracedo, eminencia médica na ciencia do xenoma”. Rematou o seu discurso facendo un chamamento a necesidade de “reafirmármonos como galegos para seguir sendo no futuro un pobo merecente do respecto e admiración dos demais”. Acto seguido procedeuse á ofrenda floral ante a estatua de Castelao. Un acto que rematou co Himno Galego.  

Javier Bas alcalde
Discurso institucional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará