Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o Festival Sinsal en San Simón coas entradas da fin de semana esgotadas

RR_Noticias

Tan só quedan entradas para os concertos que se celebran hoxe. Un festival que repite polo tanto éxito de edicións anteriores malia manterse fiel ao seu espírito de non dar a coñecer o nome dos grupos que actuarán nos tres días do certame. Iso si, dende as redes sociais, a organización deixou algunhas pistas para que os máis expertos nisto dos festivais coñezan ou intúan cales son as bandas que van amenizar esta edición.

Na xornada de hoxe haberá un total de 4 concertos, número que se incrementa os días grandes do festival, o 25 e 26. Así mañá sábado terán lugar 6 concertos ademais dunha sesión con DJs, e como novidade a partir das 00:30 horas na Sala Máster de Vigo haberá unha actuación secreta e gratuíta para aqueles que comprasen a súa entrada ao festival. O domingo será a despedida coa actuación de 5 concertos e actividades familiares dende a mañá. O codirector do festival Julio Gómez salientaba o carácter familiar deste festival e adiantaba xa o difícil que ía ser atopar entrada para os concertos da fin de semana. Unha cita musical única e diferente polo espazo no que se celebra, o que provoca tamén que o aforo este reducido a 800 persoas por día e que para acceder haxa que facelo por barco.  

Julio Gómez organización Sinsal
Tres días de concertos e actividades varias
Entradas esgotadas
Nada máis convocarse o evento a demanda foi superior á oferta de entradas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará