Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa aos socialistas de boicotear a creación dun Grupo de Emerxencias

RR_Noticias

O Concelleiro Arturo González salienta que o PSOE votou no pleno en contra da creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede en Redondela e acusan a Eduardo Reguera de “desmantelar o servizo contra incendios”. Os populares contestan así ao PSOE quen días atrás criticaba que o goberno local non asinase a oferta da Xunta para a contratación de persoal que traballe no período de máximo risco de incendios.

Segundo o PP “unha vez máis o PSOE pretende facer política tentando infundir temor na cidadanía, cando debería preocuparse polas consecuencias das súas propias decisións”. Explican que o convenio que a Xunta ofrecía para a contratación de persoal para a extinción de incendios está enfocado, preferentemente, a reforzar los servizos de emerxencias existentes nos municipios, servizo do que carece o noso concello porque “dende a oposición o PSOE boicoteou a creación dun Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede en Redondela, votando en contra no Pleno”.
Para maior contradición engade o edil Arturo González “os GES constituíronse en outros concellos galegos con gobernos socialistas e nacionalistas, e financiados polas deputacións provinciais, incluída a gobernada polo socialista Besteiro”.
Dende o goberno municipal conclúen enviando una mensaxe tranquilizadora aos veciños porque aseguran “a atención ante un incendio está garantida. Os efectivos locais serven de primeira resposta (como xa se demostrou en recentes incendios) e están coordenados co efectivos comarcais que dan resposta ás emerxencias en todo o sur da provincia e cos efectivos da propia Xunta de Galicia, administración competente en materia de extincións e incendios”.
Con todo, o goberno do Partido Popular recomenda ter moi presente as normas que a toda a cidadanía atinxen respecto da prevención de incendios, tales como non facer lumes nos montes nin queimas non autorizadas, botar cabichas acesas e outras accións que poidan provocar o lume, posto a que mellor loita contra os incendios forestais é a prevención.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará