Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente recoñece a existencia de 12 puntos negros de lixo

RR_Noticias

O concelleiro Miguel Angel Alvarez asegura que no último mes teñen proliferado os depósitos incontrolados de residuos tal e como así denunciaran dende Esquerda Unida. Con todo, explica que esta situación prodúcese por falta de concienciación dos veciños que depositan colchóns, mobles, electrodomésticos ou ordenadores ao carón dos colectores do lixo cando existe un teléfono que facilita a “recollida a domicilio” deste material para a súa posterior reciclaxe. Fai un chamamento aos veciños para que empreguen este servizo gratuíto de Urbaser chamando ao teléfono 986 408034.

Explica o edil que estes comportamentos “as veces por descoñecemento as veces por comodidade” increméntanse nos meses de verán e provocan que todo ese material quede depositado ao carón dos colectores sen que se proceda a súa recollida inmediata. Algo que se podería solucionar dun xeito moi doado: chamando ao teléfono 986 408034 e explicando aos operarios de Urbaser o material do que nos queremos desfacer para que así nos indiquen a hora e o punto de recollida máis próximo ao noso domicilio. Dende o goberno estudan tamén a creación dun punto limpo no concello pero aínda están na fase de localización de terreos nos que ubicalo “necesitamos un terreo que teña unhas dimensións mínimas de 1.500 metros. Estaba previsto que se instalara nas inmediacións de Tanamañó pero a parcela conta con varias afeccións polo que non é posible”. Un concello o noso no que se recicla menos do que se debería pero no que “quen o fai faino moi ben”. Así se recolle alo menos no documento sobre reciclaxe que acaban de recibir no Concello. Alvarez Ballesteros anima a que cada vez sexan máis os que se sumen a reciclaxe porque ademais de ser unha practica beneficiosa para o medio ambiente tamén o é para as arcas municipais, xa que “a maior cantidade de desperdicios que acaban no contedor verde maior é a factura que cobra Sogama”.  

Miguel Alvarez Ballesteros edil Medio Ambiente
O Concelleiro fala dos vertidos incontrolados
Creación punto limpo
Necesidade de contar cunha parcela ampla
Recíclase pouco pero ben
Así se recolle no informe que avalía estes comportamentos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará