Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE demanda un autobús directo dende Redondela ao novo hospital de Vigo en Beade

RR_Noticias

Os veciños de Redondela que teñen a necesidade de ir ao novo hospital Alvaro Cunqueiro e non dispoñan de vehículo privado teñen que coller ata tres autobuses xa que non hai liñaa directa. O autobús dende Redondela para só no Areal ou na Estación de Autobuses, lugares onde as persoas terían que ir camiñando ou collendo a liña C1 ata a Praza de América. Os socialistas apuntan “vivindo apenas a 15 minutos de Vigo a media de tempo por traxecto é de dous horas”. Ademais o custe roldaría sobre 3 euros.

Explican dende o PSOE que contrariamente ao que sucede noutros concellos como Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Gondomar, Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves e Salvaterra de Miño que teñen de mínimo por concello 3 frecuencias ata chegar nalgúns incluso a 13 frecuencias, os vecinos de Redondela carecen deste servizo. Os socialistas critican “a incompetencia do goberno popular de xestionar estás liñas autorizadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, a través da Dirección Xeral de Mobilidade”.
Engaden que “dende que Redondela se adheriu ao transporte metropolitano, o alcalde Javier Bas non cumpriu as promesas de aumentar a frecuencia e as paradas entre Redondela e Vigo amosando a súa insolidariedade coas situacións persoais da poboación”.
Finalmente, aseguran que “os veciños ante a falta de información do concello tiveron que comunicarse eles mesmos coa compañía Autos González, transmitindo ao PSdeG-Redondela que nin hai nin haberá servizo de autobuses directos ao novo hospital”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará