Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baixas en Redondela Pode “Acusar a AER de estar detrás das dimisións é unha cortina de fume”

RR_Noticias

Menos de dous meses foron necesarios para que os membros de Redondela Pode se enfrontaran entre eles. Unha situación que culminaba a semana pasada cando oito persoas, entre elas a cabeza de lista e única concelleira da formación no noso concello, decidían darse de baixa e continuar traballando agora baixo o nome de “Redondela Grupo de traballo Xuntos Podemos”. Dende o sector oficial acúsanos de transfuguismo e de actuar baixo os mandatos doutras formacións políticas, eles deféndense “decidimos dar este paso porque tres persoas tiñan secuestrada a formación e estaban a actuar de costas a súa asemblea”.

Entenden que ante esta situación o único paso que lles quedaba para poder seguir traballando “a favor das persoas que confiaron en nós e nos deron o seu voto e na defensa das políticas de esquerda que sexan beneficiosas para os veciños” era darnos de baixa de Redondela Pode. Unha das persoas que deu ese paso, José Manuel Ferreira asegura que non se estaba a traballar de xeito asembleario e democrático, pola contra tres persoas actuaban de costas ao resto. Neste sentido pon como exemplo a negociación que reuniu aos grupos da oposición para tentar consensuar un acordo conxunto sobre as retribucións do alcalde e os concelleiros. Asegura Ferrreira que a persoa alí presente n nome de Redondela Pode, Xavier Garaloces “non contaba co beneplácito da asemblea”. Cualifica de manobras de distracción as declaracións dalgúns membros do sector oficial que aseguraban que detrás das dimisión dos militantes estaría a Agrupación de Electores. Previsiblemente será o vindeiro 30 de xullo cando teña lugar o pleno no que Raquel Quintáns pasará a ser oficialmente concelleira non adscrita, un cambio que entenden non vai ter ningún tipo de repercusión legal porque a lei contempla esta figura e establece que a acta é do edil electo. “Ter asinado o código deontolóxico significa actuar con ética e iso é o que esta a facer Raquel ao tomar a decisión de abandonar Redondela Pode” asegura Ferreira.  

José Manuel Ferreira Redondela grupo de traballo
Fala de manobras de distracción por parte do sector oficial
Actuación non asemblearias
Acusa a membros de Redondela Pode de actuar de costas á asemblea
Repercusións legais
Entenden que se está a actuar consonte a lei
Futuro
Traballar como grupo de traballo baixo os preceptos de Podemos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará