Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pelepau e Pan de Capazo no VI Festival Folk Illa de San Simón

RR_Noticias

O programa que organiza o Círculo Cultural e deportivo de Cesantes arrancará ás seis da tarde con actividades e xogos populares para os máis pequenos na Praia da Punta en Cesantes. A música será a protagonista a partir das 20:30 horas, co son das gaitas e as pandeiretas e con actuacións a cargo de dous grupos referentes xa no Folk Galego: Pelepau e Pan de capazo.

A música de raíz con influencias galegas e vascas e con toques balcánicos será a encargada de pecher un intenso programa musical que contarará tamén coa actuación de Pelepau, formación nacida en Vigo no ano 2010 e formada por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego. Ritmos bailables e animados que se poderán escoitar mañá na Praia de Cesantes na VI edición do Festival Folk Illa de San Simón que contará tamén coa actuación do Grupo de Baile e Gaitas Airiños da Peneda, a formación Licor de Gaita e Os Chavellos de Pereiras. Dende a organización lembran que durante todo o día haberá bebida e comida a prezos populares e que os nenos contarán con xogos e actividades propias a partir das seis.  

Festival Folk na praia de Cesantes
Organizado polo Círculo Cultural de Cesantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará