Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música na Praza da Casa da Torre para animar a fin de semana

RR_Noticias

A Concellería de Cultura déixanos dúas actividades musicais que se van desenvolver ao aire libre na fin de semana. Uns concertos ás 22:00 horas na Praza da Torre o sábado con Emilio Rúa e as pandeireteiras Xestreu e o domingo coa orquestra folk Moxenas Musical Galego.

O sábado é a quenda do concerto de Emilio Rúa e as pandeireteiras Xestreu. O músico e cantautor Emilio Rúa e as cantareiras e pandeireteiras Xestreu únense nun proxecto común e compartido, na que unen dous tipos de música: a canción de autor ou moderna coa canción popular ou tradicional. O proxecto inclúe unha escolma de cancións populares da música galega e outras partes do mundo cunha nova revisión das mesmas, un novo xeito de divulgar e achegar ás novas xeracións a nosa música. O público poderá gozar dun concerto en acústico no que se mesturan cancións propias incluídas no último disco de Emilio Rúa “Destino Sur” xunto con cnacións populares como a Carolina ou Rianxeira. O domingo 12 de xullo e tamén as dez da noite chega a actuación da orquestra folk Moxenas Musical Galego. Esta agrupación formouse en Vigo no ano 2003 como homenaxe ao mítico gaiteiro Nazario González “Moxenas” e como continuación do labor que este iniciou no movemento veciñal vigués e na formación na música tradicional dos rapaces e rapazas das distintas entidades culturais de Vigo e a súa bisbarra. Composto por máis de trinta mozos e mozas (con idades comprendidas entre os 14 e os 23 anos), Moxenas Musical Galego é hoxe, logo de máis de 10 anos de existencia, un proxecto consolidado e un referente no actual panorama da música tradicional galega. A dirección desta orquestra folk está a cargo do prestixioso músico Xosé Oliveira (compoñente do grupo Noitarega), que consegue un orixinal formato musical baseado na mestura de instrumentos tradicionais galegos (gaitas, pandeiretas, tamborís, etc.) con outros contemporáneos (saxo, teclados, baixo eléctrico, violín ou frauta). A asistencia a todos os espectáculos é libre e de balde.  

Emilio Rúa cantautor
Fálanos do espectáculo que poderemos ver o sábado ás 22:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará