Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A programación de verán arranca con música tradicional e a actuación da Orquestra Gharbo

RR_Noticias

A praza da Casa da Torre de Redondela e a Alameda de Chapela son os espazos nos que se desenvolverá o groso dos espectáculos organizados para este verán dende a Concellería de Cultura. Unha programación que arranca hoxe venres en exterior e acceso libre cun concerto de música e baile tradicional as 21:00 horas e que na fin de semana déixanos tamén a música da Osquetra Gharbo. O domingo a cita será en na Alameda de Chapela cun concerto do grupo de música popular Airiños do Mar de Teis.

A praza da Casa da Torre acollerá, ás 21.00 h, un concerto de música e baile tradicional, no que participarán o grupo de Gaitas Tirapuxa de Trasmañó, o de Baile tradicional de Saxamonde, as Pandeireteiras de Cidadelle e as Pandeireteiras de Cabeiro, todos eles colaboradores do convenio interparroquial subscrito entre a Concellaría de Cultura e as asociacións culturais.
Mañá sábado día 4 de xullo, ás 22.00 h, na praza da Casa da Torre haberá un concerto da Orquestra Gharbo, que se inclúe na programación de Cultura no Camiño a través da AGADIC.
A música que executan parte do tradicional e popular pero vai tocando distintos paus dende o pop ao bravú, con arranxos de música mediterránea, tango ou música trobadoresca.
A banda que acompañará a Nelson Quinteiro neste concerto está integrada por Álex Lorenzo (guitarras), Olivier Cano (saxos e traveseira), Brais González (piano), Eduards Vecbastiks (violín) e Blas Castañer (percusión). Ademais, como é habitual nos espectáculos da Orquestra Gharbo, inclúen sempre algún número de danza, que nesta ocasión correrá a cargo da bailarina-performance Alba Fernández Troiteiro.
E o domingo 5 de xullo, a Alameda de Chapela acollerá, ás 21.00 h, o concerto do grupo de música popular Airiños do Mar de Teis, unha formación da veciña parroquia de Teis formada por 14 persoas entre músicos e cantores, que interpretan un repertorio popular adaptado ao formato de rondalla, con guitarras, laúdes, acordeóns e polifonía vocal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará