Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a terceira fase de reforma de Santa Mariña coa construcción das pistas de padel cubertas

RR_Noticias

O complexo de Santa Mariña dotado de dous campos de fútbol 11 de céspede artificial e edificacións destinadas a vestiarios e bancadas así como pistas de tenis con pavimento de formigón e resinas, completarase coa construción de 4 pistas de padel cubertas e acristaladas de céspede artificial, a construción dun acceso peonil e outro de vehículos, a execución de peches perimetrais de todo o complexo, a construción de vestiarios para usuarios das pistas (de homes e de mulleres, con 4 duchas cada un) e construción dun aparcamento para autobuses. Esta terceira fase de reforma conta cun orzamento de 608.802 euros e un prazo de execución de 6 meses.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou Redondela para presentar o proxecto da 3ª fase do Complexo Deportivo de Santa Mariña, que conta cun orzamento de 608.802 € dos que a institución provincial aportará 453.719 €. En total, prevense urbanizar 2.862 m2 en superficie e edificar 927 m2 nunha obra que ten un prazo de execución de 6 meses.
Doutra banda, o residente da Deputación pontevedresa visitaba o Concello e Pazos de Borbén para presentar o proxecto do novo campo de fútbol de céspede artificial que se construirá na parroquia de Nespereira.
O proxecto prevé reformar o actual campo de terra;  instalar pavimento de céspede artificial, nova rede de rego e nova iluminación; e realizar unha mellora integral de todas as instalacións necesarias para a súa correcta utilización. O novo campo de fútbol de céspede artificial de Nespereira ten un presuposto de execución  460.168 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará