Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de A Portela esixen melloras na seguridade vial

RR_Noticias

Alertan de “numerosos accidentes e percances” a consecuencia dos vehículos de gran tonelaxe que circulan diariamente pola baixada a estación dende a N-552 “un camiño de a penas 5 metros de ancho e sen beirarrúas”. Reclaman entre outras medidas que se regule o tráfico de vehículos pesados, que se coloquen bandas que lles obriguen a diminuir a velocidade e se regulen os horarios e lugares de carga e descarga.

Veciños do barrio de A Portela en Cedeira aseguran sentirse “veciños de segunda” ante o abandono que sufre o lugar. Explican que son moitos os problemas que lles afectan e que requiren dunha solución inmediata pero unha das demandas máis urxentes pasa por regular o tráfico pesado que circula pola zona rodeada de naves industriais. Unha das afectadas, Belén García, asegura que nos últimos tempo xa viron como se producían numerosos incidentes debido ao paso de vehículos pesados por unha estreita estrada, de non máis de cinco metros e sen beirarrúas, que comunica a N-552 coa estación “como o ocorrido hai un par de meses, cando un camión bateu contra un poste do tendido eléctrico”. Este poste segue a día de hoxe correndo o risco de caer sobre unha vivenda ou sobre o parque infantil. Ademais de buscar traxectos alternativos para estes vehículos pesados, entenden que outras alternativas pasan por colocar bandas que obriguen aos camións a reducir a súa velocidade, mellorar o asfaltado e colocar un paso de peóns. Reclaman tamén que dende o Concello se regule a carga e descarga que a día de hoxe faise sen atender ningún tipo de horario e en calquera lugar. Dende Esquerda Unida amosaron xa o seu apoio a estas demandas veciñais e reclaman tamén que se elabore un estudo de toxicoloxía da zona, alarmados polo aumento de caso de cancro “para saber con certeza si están causados pola contaminación electromagnética ou pola contaminación dos manancias de auga, a causa de verquidos e filtracións químicas das empresas do lugar, unha situación que se vería agravada por carecer de recollida de augas pluviais”.  

Belén García veciña de A Portela
Lembran que xa se produciron varios incidentes na zona
Regular a velocidade
Colocar bandas sonoras e pasos de peóns
Calidade medioambiental
Preocupación porque poida ter consecuencias na saúde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará