Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O programa municipal de conciliación no verán deixa fora a 90 rapaces

RR_Noticias

Un programa que se desenvolverá durante todo o mes de xullo en horario de 9:30 a 13:30 horas e que ofertaba un total de 225 prazas en oito parroquias do concello. En total inscribíronse 315 nenos quedando fora 90. Dende o PSOE esixen que se incremente o número de praza “por seren claramente insuficientes” e que se estableza un criterio económico á hora de outorgar ditas prazas “que agora se adxudican por rigoroso orde de inscrición”.

A edil socialista Digna Rivas explica que o Programa Municipal de Conciliación no verán que abrangue diferentes actividades lúdicas para nenos e nenas é insuficiente e critica os criterios de concesión de prazas “non nos parece correcto que a orde para participar no programa de conciliación se faga de acordo coa orde de solicitude polo cal resultan excluídos os que máis o necesitan”. Ao seu entender sería máis xusto aplicar “criterios de aspecto económico priorizando de menor a maior renda”. 
Ademais, a conciliación que se supón que é o obxectivo das actividades no verán de cara ás familias non está garantida debido a que o horario de 09.30 a 13.30 horas non coincide co lectivo de todo o ano, nin o laboral da maioría das familias.
Os solicitantes de ditas actividades neste ano foron 315 nenos e nenas quedando fóra 90 deles, 80 destes en reserva. O verán pasado, recibíronse 366 solicitudes das que non obtiveron praza 141 nenos e nenas. “Moitos pais e nais dixéronnos que xa non ven posible que os seus fillos e fillas acaden praza polas poucas que existen e que non aumentan a pesar da demanda” tamén “o inxusto da orde de chegada que fai que practicamente a primeira mañá do primeiro día do prazo se cubran tódalas prazas, facendo que moitas das persoas que o necesitan queden fóra por motivos económicos ou horarios de traballo ríxidos, acentuando unha maior desigualdade” conclúe Rivas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará