Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Bargiela e Sofía Freaza vencen na VIII carreira popular de Redondela

RR_Noticias

Unha proba atlética organizada pola Asociación deportiva C.A.R que levou aos participantes a realizar un percorrido de 6,5 kilómetros con saída e meta diante da casa do Concello. Máis de catrocentos atletas participaron nas probas de adultos aos que hai que engadir os 300 corredores das probas infantís nas que os máis pequenos tiveron ocasión de amosar as súas cualidades nisto do atletismo con percorridos de menor distancia adaptados ás diferentes idades participantes.

As elevadas temperaturas con máximas próximas aos 30 graos non evitaron que os atletas completaron a proba de 6.500 metros na que Daniel Bargiela amosou a súa superioridade nada máis sair da meta. 20:15 foi o tempo que demorou en percorrer os 6,5 kilómetos de percorrido. 31 segundo despois entrou en meta Alvaro Prieto seguido de José Alberto Bastos. Na categoría feminina o mellor tempo foi para Sofía Freaza quen completou a proba en 23 minutos 49 segundos, seguida de Ariana González e Ana María Alonso.
Unha proba solidaria na que parte do custe da inscrición, un euro dos tres que custaba participar, foi directamente para a Asociación Lenda. Fíxose ademais unha recollida de alimentos que se lle entregarán a Cáritas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará