Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A proxección de “Inevitable” pecha o ciclo Cinemas de Galicia

RR_Noticias

O ciclo de proxeccións do programa Cinemas de Galicia, promovido pola AGADIC, remata este venres 26 de xuño, ás 21.00 h, no auditorio da Xunqueira, coa proxección do filme “Inevitable”, una coprodución hispano-arxentina baixo a dirección de Jorge Algora e música orixinal de Berrogüetto.

Unha historia en torno a Fabián, un executivo nun banco quen trala morte dun compañeiro de traballo, entra en crise. A súa amizade cun escritor cego interpretado por Federico Luppi fará que mude o seu xeito de ver a vida e se adentre nunha pasional relación extramatrimonial.
O filme está recomendado para maiores de 16 anos. As entradas pódense adquirir xa a u n prezo de 3 €.
Unha película que pecha un ciclo de cine que permitiu achegara Redondela seis títulos diversos dentro dun programa que busca achegar o cine a aquelas poboación que carecen de salas comerciais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará