Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto solidario no Multiusos da Xunqueira a favor da ONG Da Man

RR_Noticias

A música da orquestra de saxos e as zarzuelas interpretadas por veciños de Redondela centrarán o repertorio dun concerto solidario que se celebrará esta tarde as 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira e co que se busca recadar fondos para financiar os proxectos sanitarios e educativos que a ONG ten en marcha en Senegal. A súa presidenta, Pilar Martínez, salienta o importante desta actividades xa que “con cada entrada ao concerto de hoxe (5 euros) darémoslle de comer a un neno durante un mes”.

A actuación contará coa presenza do coro infantil do Conservatorio de Redondela, o coro Voces Solidarias, a Orquestra de Saxos e os músicos Alfonso Blanco Puga, José Veiga Rodríguez, Isaura Lago, Cora Koolman, María Emilia González Acebedo, Enma Díaz e Alba Domínguez Viana.
O prezo das entradas é de cinco euros e todo o recadado destinarase integramente para financiar a escola que a ONG puxo en marcha na localidade de Boulel en Senegal.
Un proxecto educativo pero tamén sanitario, tendo en conta que para moitos dos nenos que asisten a esta escola a comida que alí reciben é a única da que dispoñen en todo o día. De feito, ese servizo de comedor é un dos motivos que fai que esta escola teña un índice moi baixo se absentismo nunha zona de poboación nómada dedicada ao pastoreo e que carecía de educación básica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará