Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Virulegio: “Queremos converter o Centro Recreativo nun referente de ocio e deporte”

RR_Noticias

O novo presidente do Centro Recreativo e Cultural de Redondela ten claro que hai que darlle uso a “un edificio emblemático con máis de 2.000 metros cadrados de superficie”. O outro obxectivo é abrirse ao veciños e atraer un maior número de socios. Nese camiño a Xunta directiva que preside xa ten en mente recuperar a escola de xadrez, habilitar unha biblioteca e crear unha pista de herba artificial no propio edificio. A primeira das actividades que organizan é un campus multideporte orientado a nenos de 5 a 15 anos que será gratuíto para os socios.

Daniel Virulegio asume a presidencia do Centro Recreativo de Redondela co obxectivo de convertelo nun referente do ocio e o deporte e recuperar a presenza e relevancia de décadas atrás. Un edificio simbólico de máis de 2000 metros cadrados que nos últimos tempos tense convertido nun auténtico quebradeiro de cabeza para os responsables da entidade que vían como os poucos cartos que entraban na institución tiñan que investirse no mantemento deste emblemático edificio. Dende a nova directiva entenden que esta situación pódese reverter, convertendo o edificio nun lugar de esparcemento, ocio e deporte coa creación de diferentes espazos que sirvan para atraer a públicos diversos, dende os máis pequenos ata os de maior idades. Así por exemplo pensan na posibilidade de crear una pista de herba artificial, unha biblioteca que serva para que os rapaces poidan realizar as súas tarefas escolares e retomar a escola de xadrez que funcionaba no pasado. Unha institución que non soubo adaptarse aos novos tempo o que fixo que os socios foran dándose de baixa e que non houbera relevo xeracional, así o entende Virulegio quen engade que “o Centro debe converterse nun espazo no que se poidan realizar multitude de eventos, que sexa un sitio de reunión, ocio e deporte aberto a todo o mundo”. O primeiro paso nese camiño é un novidoso campus multideporte que inclúe actividades deportivas e culturais para nenos e nenas entre 5 e 15 anos. O motor será o deporte: balonmán, baloncesto e fútbol que se realizarán en diferente espazos da vila (pavillón municipal, instalacións dos colexios e o campo do Choco) e obradoiros culturais que se desenvoverán no propio Centro. O Campus realizarase entre o 7 de xullo e o 7 de agosto en horario de 10:00 a 13:30, pero non desbotan que se amplíe durante todo agosto. As persoas interesadas poden inscribirse en horario de tarde no propio centro recreativo. Unha actividade gratuíta para os socios, motivo polo que animan a todos os que non o sexan a asociarse a través dunha cota mensual de 30 euros. O novo presidente lembra que houbo un momento no que chegou a ter 800 socios, “sabemos que esa cifra é difícil de acadar pero pensamos que si podemos chegar aos 300” explica Daniel Virulegio, quen é consciente de que asume un difícil reto pero entende que conta cun equipo experimentado que vai lograr potenciar esta entidade.  

Daniel Virulegio presidente Centro
Aproveitar o edificio e incrementar o número de socios
Ocio cultura e deporte
Adaptarse aos novos tempos
Verónica Posada
Será unha das responsables do campus multideporte

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará