Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela Pode propón un salario de 27.241€ anuais para o alcalde e 18.160 os concelleiros

RR_Noticias

O vindeiro martes día 30 celébrase o primeiro pleno deste mandato no que se procederá a constituir os grupos políticos, darase conta do reparto de competencias entre os concelleiros do grupo de goberno e abordarase ademais a retribución dos membros da corporación. Ante esta sesión o grupo Redondela Pode ven de presentar unha emenda na que propoñen que o alcalde cobre un máximo de 27.241 euros anuais.

Argumentan esta proposta atendendo a que “participar da política debe ser vocacional, cremos que as retribución deben ser xustas pero nunca especulativas e todo aquel que se senta mal pagado debe pensar en dedicarse a facer patente a súa valía na empresa privada para mellorar os seus ingresos económicos”. Engaden que atendendo ao código ético asinado por todos os seus membros “ningún cargo representativo debe cobrar mais de 3 veces o salario mínimo interprofesional”.
A proposta concreta determina que o Alcalde deberá cobrar como máximo a cantidade de 27.241,20 euros anuais en concepto de salario bruto, unha cantidade determinada tras multiplicar o Salario Mínimo Interprofesional de 648,60 € por tres e por catorce pagas.
A figura do concelleiro en funcións de goberno debería cobrar como máximo a cantidade anual de 18.160,80 euros por xornada de 40 horas semanais e en canto o persoal de confianza “pensamos que como non son cargos electos, a súa contratación e retribución deben axustarse á Lei e á categoría existente na aplicación das súas funcións e o ser postos técnicos son prazas que deberían sair a concurso publico”.
Finalmente e en referencia ao resto de concelleiros, voceiros e contía dos partidos ou grupos representados, entenden que a cota asignada debe quedar “nos parámetros anteriores xa dispostos pola anterior lexislatura”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará