Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE esixe unha solución para os nenos que quedan sen comedor escolar no verán

RR_Noticias

A Concelleira socialista Digna Rivas reclama unha alternativa que dea unha solución a aquelas familias de escasos recursos que ven como no verán, unha vez rematado o período escolar e pechados os comedores, quedan sen alternativa para dar de comer aos seus fillos. Solicitan que esta atención non se dea a través de Cáritas “debe ser a administración pública mediante un reparto no fogar que garanta a privacidade dos menores”.

A piques de rematar o curso escolar os nenos e as nenas de Redondela nin teñen por parte do Concello de Redondela unha solución para as comidas do verán, nin a publicación das bolsas de comedores escolares do curso que vén. 
Así o explican dende o PSOE de Redondela, partido que amosa a súa preocupación debido a que a falta duns días para o remate o curso, “o concello non ten nada decidido de como os nenos e nenas comerán no verán”.
Tamén solicitan unha maior dignidade e sensibilidade mediante o cambio de fórmulas das comidas “En vez de facelo Caritás debería de ser a administración pública mediante un reparto no fogar das comidas para garantir a privacidade dos menores”. Explica Riva que esta situación xa foi denunciada polo PSdeG o ano pasado porque “fixeron un remendo para saír do paso xa rematadas as clases, aumentando a partida a Cáritas” debido a que o propio alcalde do Partido Popular en decembro do ano pasado declarou “que para a administración local sería moi díficil chegar aos máis necesitados de esta forma tan directa e rápida”.
Por outra banda, no pleno do mes de xaneiro do 2014 o grupo socialista presentou unha moción pedindo que se adiantaran os prazos para as axudas dos comedores escolares que foi aprobada. Agora nos atopamos que aínda non teñen as bases para o próximo curso escolar e que as familias están a percibir o diñeiro deste último curso escolar. 
Conclúe os socialistas lembrando que “segundo o Ministerio de Administracións Públicas, Redondela é un dos concellos de Galicia que destina menos recursos no gasto social. Só aporta 39,79 euros por habitante a programas de asistencia social e promoción do emprego”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará