Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Racíng recibirá unha subvención de 3.000 euros en canto presente a documentación requirida

RR_Noticias

O Concello de Redondela asegura que o Racing Club de Chapela non recibiu as axudas municipais porque a data de hoxe aínda non presentaron a documentación necesaria para poder acceder a subvención que a Concellería de deportes concede as asociacións para participar en competición oficiais. Unhas aclaracións que o goberno local fai logo de que o Racing denunciase que os atrasos en ditas axudas impedirán aos nadadores Mauro e Loira participar no campionato de Europa para deportistas con síndrome de Down.

Para poder participar en dita competición, os deportistas deben formalizar a súa inscrición antes do 30 de xuño. O presidente do Racing, Enrique Carro denunciou días atrás que os atrasos nas axudas tanto da Xunta como da Deputación e do propio concello facían perirar a presenza de Mauro Rodríguez e Loira Fernández nestes campionatos que se van desenvolver en Italia.
Dende o Concello aclaran agora que dende o pasado 15 de maio está aberto o prazo para que todas as asociacións deportivas soliciten as axudas que a Concellería de deportes concede a estas entidades para participar en Competicións oficiais e tamén para a organización de eventos deportivos. Sen embargo esta asociación aínda non ten presentado a documentación necesaria para facerse con esta subvención “malia térselle requirido tanto por correo como vía telefónica”.
Engaden dende a Concellería de deportes que “sempre se tiveron en conta que as características do Racing o que o converten nun club prioritario polo que no momento que presenten a documentación a súa resolución é inmediata”. Confían ademais que agora os responsables do club entreguen os documentos canto antes “xa que os máis prexudicados ante esta situación son os propios deportistas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará