Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rodrigo Blanco explica na Casa da Cultura as implicacións xurídicas da enfermidade mental

RR_Noticias

A Casa da Cultura acolle hoxe mércores ás 19:00 horas unha charla a cargo do asesor xurídico, Rodrigo Blanco. Unha actividades organizada pola Asociación Lenda e a Federación de familiares e persoas con enfermidade mental (FEAFES Galicia) na que se falará de diferentes aspectos relacionados xuridicamente con temas de enfermidade mental.

Abordaranse cuestións tales como as incapacitacións, tutelas, pensión, reclamacións ante a administración, sucesión ou patrimonio protexido. Unha actividade aberta que se vai desenvolver na tarde de hoxe mércores ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará