Hoxe é Sábado 5 de Decembro de 2020

Xoán Carlos González: “A decisión de AER para nós é errada pero respectable”

RR_Noticias

O BNG defendeu en todo o momento a necesidade de conformar un goberno alternativo ao Partido Popular por entender que é o único xeito de promover maiores políticas sociais e favorecer a participación. Explica o seu concelleiro electo que a única proposta que se puxo sobre a mesa foi a dun goberno liderado polo PSOE “e ese é o que nós iamos apoiar”. Lamentan a decisión da Agrupación de Electores de non favorecer un goberno alternativo “é unha decisión que non compartimos pero que respectamos”.

Sobre a tensión xurdida nos últimos días logo de que o secretario provincial do PSOE, Héctor Santos asegurase “sospeitar da existencia de favores laborais do alcalde a membros de AER” explica González que non dispoñen de datos sobre a existencia das irregularidades denunciadas “pero sí sabemos de declaracións públicas dalgunha persoa destacada do PP nas redes sociais que xustificaban a contratación de membros de AER en período electoral” por ese motivo engade “estaremos moi atentos a calquera tipo de contratación irregular que se poida producir”. Sobre o clima de tensión que se vive nestes días previos á sesión de investidura entende que é propia de “calquera proceso de renovación da corporación que en concreto en Redondela sempre supuxeron momentos de convulsión”.  

Xoan Carlos González BNG
Unha postura a de AER que non comparten por entender que é prioritario botar ao PP
Favores laborais
Anuncian que estarán atentos a calquera posible irregularidade

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *