Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Oito grupos súbense ao escenario do Millo Verde

RR_Noticias

O Festival Millo Verde que celebra este ano a súa IX edición en Chan das Pipas inclúe un intenso programa que arrancaba onte pero que vivirá hoxe e mañá as dúas xornadas fortes con actividades diurnas e concertos en horario nocturno. A banda inglesa Electric Swin Circus é un dos grupos destacados desta edición no que atopamos formacións procedentes de Ourense, Valencia, Madrid ou Oporto entre outros. Dende a organización lembran que hai autobuses lanzadeira dende a praza da Farola ata Saxamonde.

Un festival consolidado que aposta por agrupacións de calidade e unha programación diurna con actividades para grandes e cativos e que estrea este ano unha nova ubicación. Ante a imposibilidade de organizarse no centro da vila “por non existir un espazo axeitado para albergar a acampada libre” finalmente optaron por trasladar a totalidade das actividades ao Chan das Pipas onde os que decidan acampar contarán con duchas e baños a súa disposición. Para facilitar que todo o que o desexe poida achegarse habilitarase dende o concello unha liña de autobús que funcionará de seis da tarde a seis da madrugada tanto o venres como o sábado.  Unha nova ubicación que Juan Lago confía non desanime a ninguén e lembra a intensa programación que se vai desenvolver con actividades para todos os públicos que inclúen baloncesto, obradoiros para nenos coa ludoteca itinerante “Brincallona”, obradoiros de danza africana, o xa tradicional eskalabirras ou a jam graffiti que este ano decorará as instalacións da cultural de Saxamonde. En horario nocturno o protagonismo hoxe será para o gañador do concurso de maketas, Maskarpone, o grupo Mafalda de Valencia, os madrileños Alpargata e o grupo Olive Tree Dance chegados dende Oporto. Xa o sábado os grupos convidados son Sacha na horta,, The Trouper,s swing band de  Alicante, o grupo de Birminghan Electric Swing Circus e os redondeláns Sete Cuncas.  

Juan Lago MIllo Verde
Programación diurna
Concertos internacionais
Catro bandas cada día

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará