Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco pecha unha temporada histórica co título na copa Deputación

RR_Noticias

A final disputada nesta fin de semana no campo de Portonovo ante uns 700 espectadores decidiuse na tanda de penaltis logo de empatar Choco e Villalonga a dous tantos. O equipo redondelán pecha así unha temporada que pasará á historia do Club, logo de clasificarse por primeira vez para unha Fase de Ascenso a Segunda División B e lograr este domingo a Copa Deputación.

Unha final emocionante a vivida no campo Baltar de Portonovo con dous equipos buscando o gol e tamén coa tensión lóxica dunha final. Un encontro que tivo que decidirse na tanda de penaltis logo de rematar os noventa minutos con empate a dous goles.
Comezou mellor o partido o Villalonga nun campo de Baltar ateigado de xente. Tivo dúas ocasións de gol nos primeiros minutos, pero o Choco marcou na súa primeira chegada. Hugo deulle un bo pase a Fernando, que entrou libre de marca no área e bateu a Berto. Un pase dos centrais foi a orixe do gol do empate. Saúl estivo rápido e puxo o 1-1. Os dous equipos estaban amosando un fútbol ofensivo. O Villalonga tivo un par de chegadas claras en acción combinativas pero non foi capaz de concretalas en gol e no 40 Silva definiu con moita calidade permitindo ao Choco marcharse ao descanso con 2-1 a favor.
Podíase esperar que o Choco fixese valer a súa condición de equipo de superior categoría na segunda metade, pero foi o Villalonga o que tivo máis presenza nos segundos 45 minutos logrando o empate logo dunha acción desafortunada de Carminatti, que rematou cara a súa propia portería logo dun centro de Saúl.
E chegouse ao final cun 2-2 que enviaba o partido á tanda de penaltis. Foron marcando todos os xogadores ata que Machu errou no último lanzamento, parado por Aarón.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará