Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen gobernará Redondela?

RR_Noticias

Os resultados electorais do 24-M deixaron un panorama político inédito en Redondela, con cinco grupos na corporación e sen maioría absoluta de ningún. AER volve ser “chave de goberno”, como fora hai catro anos. Á espera do que decida a Agrupación de Electores, os veciños divídense entre os que pensan que deberían deixar gobernar á lista máis votada, do PP, e os que apostan porque apoie un goberno de esquerdas co PSOE, BNG e Poder.

Incerteza. Esa é a palabra que define a actual situación política en Redondela, e á que fan referencia moitos veciños. É o caso de María, que lembra que repite a situación de hai catro anos. O reparto de concelleiros mudou, pero a chave do goberno volve a tela AER.  A decisión final sobre se apoian ou non algunha candidatura tomarase en asemblea, segundo os seus dirixentes, e aínda é unha incógnita. A situación de “reparto de poder” na corporación redondelá (9 edís do PP, 6 de PSOE, 4 AER, 1 BNG e 1 Poder), é para algúns un resultado “xusto”, xa que pon de manifesto a vontade da cidadanía. E ademais moitos, como Luis, considérano positivo, xa que evita maiorías absolutas  e obriga aos diferentes partidos a negociar e buscar acordos “que serán mellores para Redondela”. No caso de que AER se absteña e non apoie ningunha candidatura, pasaría a gobernar a lista máis votada, neste caso o PP, tal como aconteceu nas eleccións de 2011. Moitos veciños entenden que sería o máis xusto. É o caso de Carmen, que defende “que goberne sempre  a lista máis votada”. Outros, como Manolo, confían en que AER adopte unha decisión “máis responsable” e chegue a un acordo co resto de partidos de esquerdas para conforman “un goberno progresista” en Redondela. A decisión final tena AER, e desde a formación avanzaron que non a farán pública polo de agora. O próximo sábado, 13 de xuño, é a data na que se constituirá a nova corporación. O futuro goberno local, polo de agora, é unha incógnita.  

María fala de incerteza
Malia os cambios para esta veciña a situación é a mesma que hai catro anos.
Luis fala dun reparto positivo
Entende que as maiorías absolutas non son boas e que deste xeito os partidos terán que negociar para chegar a acordos.
Carmen defende a lista máis votada
Para esta veciña a lista máis votada debería ser sempre a que goberne.
Manolo aposta por un goberno de esquerdas
Pídelle a AER máis responsabilidade e que se implique para crear un goberno de esquerdas en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará