Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP é a forza máis votada en todas as parroquias e o PSOE resiste en Chapela

RR_Noticias

O BNG pasa de ser a terceira forza a caer en practicamente todas as mesas electorais por detrás da Agrupación de Electores, de feito, os nacionalistas só resisten en Trasmañó onde incluso incrementan o número de votantes. AER crece exponencialmente e convértese en segunda forza no casco urbano. A quinta formación que entra na corporación municipal cun representante, Redondela Pode, acada apoios especialmente en Chapela.

Os tres partidos ata o de agora maioritarios en Redondela sufriron nestes comicios municipais un duro castigo da cidadanía ao perder un importante número de votos (o PP cae 593 votos no reconto total, o PSOE perde 718 votantes e os nacionalistas deixan de contar co apoio de 466 persoas que si elixiron a súa papeleta nas eleccións do 2011). 
Moitos dos votantes pola contra decidiron apostar por outras formacións e así a gran beneficiada nestes comicios foi AER, que recolleu o descontento dos cidadáns cos partidos tradicionais cuadriplicando practicamente o número de papeletas pasando de 832 votos no 2011 a 2.896 este domingo. En canto á nova formación con presenza na corporación municipal entra cun edil e 830 votos Redondela Pode, unha formación que atopa apoios principalmente en Chapela con 325 votantes.
O PP experimenta un lixeiro ascenso en Ventosela mentres que cae no resto das parroquias. Perda de votantes máis acusada en Chapela con case trescentos menos e en Cesantes. No centro da vila aguantan o tirón malia perder tamén en número de votantes pasando de 1.679 a 1.526. En todo caso é a formación máis votada na totalidade das parroquias.
O PSOE ssofre unha importante desfeita no casco urbano onde perde 262 votos e pasan a ser terceira forza ao recibir máis apoios a Agrupación de Electores. Os socialistas caen tamén nas parroquias de Cesantes e Quintela e mantéñense na parroquia de Trasmañó e tamén Chapela onde contan con 1.101 votantes, 23 menos que hai catro anos.
O outro gran damnificado destes comicios é o Bloque. Os nacionalistas pasan de ser terceira forza a ocupar o cuarto lugar  en todas as parroquias agás Trasmañó onde si incrementa o número de apoios recibindo 78 votos fronte aos 59 de hai catro anos. Reboreda e o casco urbano de Redondela son as mesas nas que os nacionalistas experimentaron o maior retroceso.
En canto a AER multiplica exponencialmente a súa presenza en todas as parroquias con datos tan chamativos como que en Redondela centro pase de 324 votos a 1000, converténdose no casco urbano na segunda forza ao superar ao PSOE. Incremento espectacular o que experimenta a agrupación de electores en Chapela ao pasar de tan so 63 papeletas no 2.011 a 453 nestas eleccións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará