Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manu Lourenzo: “Os veciños de Soutomaior queren afastarse das políticas antisociais do PP”

RR_Noticias

O candidato do BNG no concello de Soutomaior lidera unha lista renovada pero “na que contamos tamén con xente moi experimentada no “ámbito político e social”. Son conscientes de que vai ser difícil darlle a volta a un concello que nos últimos vinte anos estivo gobernado polo PP pero confían tamén en que “as ganas de cambios que nos trasladan os veciños fartos das políticas desenvolvidas ata o de agora” se traduzan nun apoio nas urnas que lles permita chegar á alcaldía.

Para acadar ese obxectivo presentan un programa electoral cargado de propostas que pasan por medidas no plano urbanístico como a elaboración do PXOM e diferentes actuacións encamiñadas a humanizar o núcleo urbano. Entenden prioritario dotar ao concello doutro instituto e adoptar medidas de saneamento da ría. Apostan tamén porque a cultura sexa un dinamizador da economía local.  

Manu Lourenzo BNG
Confía en que o cambio poida producirse
Propostas do Bloque
Un programa cargado segundo di de propostas concretas e realizables

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará