Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Estremadura UD será un difícil opoñente para o C.D. Choco na fase de ascenso

RR_Noticias

Ao Choco tocoulle un dos ósos do sorteo do play off de ascenso a Segunda B, o Estremadura UD de Almendralejo, subcampión do Grupo 14 de Terceira División. O partido de ida será este domingo en Santa Mariña, ás 19.00 horas. As entradas véndense a 15 euros e a 5 para socios e menores de 24 anos.

Os pupilos de Jacobo Montes teñen por diante unha semana transcendental. Mañá mércores ás 21.00 horas xogan en Gondomar a semifinal da Copa Deputación. E o domingo, en Santa Mariña, o partido de ida da fase de ascenso a Segunda B. Será diante dun equipo histórico, o Estremadura, subcampión do seu grupo e que sumou nada menos que 87 puntos en liga, só superados polos 98 do campión, Mérida. Herdeiro do coñecido CF Estremadura, que chegou a xogar en Primeira División, o Estremadura Unión Deportiva foi fundado en 2007 e, desde entón, sempre estivo na parte alta de Terceira. Mesmo chegou a xogar en Segunda B a tempada 2010-11, pero perdeu a categoría tras finalizar decimonoveno. Esta tempada só perdeu tres partidos e só un deles no seu feudo. Para o club redondelán “é un soño feito realidade”. Para o presidente Iván Crespo, é o enfrontamento “máis fermoso” que lles podía tocar, xa que o alto nivel do rival “outórgalle máis nivel” a este play off. As entradas para o encontro están xa á venda a un prezo 15 euros, que se reduce a 5 euros para socios e colaboradores, e tamén prezo para mozos de 16 a 24 anos. Os menores de 16 anos entran de balde. O partido de volta será a próxima fin de semana no Estadio Francisco de la Hera. Un duro rival para os de Jacobo Montes nun encontro que non ten antecedentes históricos. En canto aos demais equipos galegos clasificados para a fase de ascenso, o Pontevedra mídese ao Mensajero, o Deportivo B ao Durango e o Cerceda ao Logroñés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará