Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser desconvocan a folga horas antes do seu inicio

RR_Noticias

Non haberá folga na recollida do lixo. Sóubose a última hora da tarde do sábado logo de dúas xornadas de negociacións maratonianas. Os traballadores non lograron os seus obxectivos que pasaban por un incremento anual de 325 euros, pero si conseguiron un novo convenio que inclúe unha mellora salarial de case un punto no 2015 e punto e medio no 2016. Dentro de dous anos traballadores e empresas deberán retomar as negociacións, xa que o convenio ten unha duración bianual.

O inicio da folga estaba previsto para a mañá de hoxe pero finalmente e logo de dúas xornadas de intensas negociacións, representantes sindicais dos traballadores e representantes da empresa lograron chegar a un acordo que desbloqueara o conflito e evitase a mobilización.
Os traballadores conseguiron incluir no convenio unha mellora salarial de case un punto no 2015 e punto e medio no vindeiro ano. Iso si, non lograron as melloras pretendidas inicialmente e que pasaban por un incremento anual de 325 euros.
Explicaba o delegado sindical da CUT, Alberto Covelo que houbo renuncias por ambas as dúas partes “non acadamos o que pediamos, pero tampouco o que pretendían darnos, en todo caso temos que ser consecuentes co contexto en que vivimos, ademais de saber que a folga ía ter uns custos moi elevados pola tensión que ía producir entre os propios traballadores, pola reacción da empresa, e pola accións arriscadas que nos ía abocar facer”.
Lembran que a empresa tivo que renunciar a algunhas das súa pretensión “querían tocar moitas cousas do convenio, vacacións, bolsa de horas, maior flexibilidade horaria e outras cousas menores, finalmente non se asinou nada nese sentido, simplemente unha subida salarial do 1 e do 1,5, respectivamente”.
O representante sindical agradeceu a veciños e forzas políticas e sociais o apoio amosados as súas demandas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará