Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os partidos presentes no debate fan bandeira dos Servizos Sociais e critican a xestión do PP

RR_Noticias

Demoras de máis de tres meses para acceder a unha primeira cita, partidas sen executar ou executadas parcialmente, un servizos de carácter caritativo que non chegan á poboación que necesitan deles, esas son algunhas das eivas que presentan os Servizos sociais de Redondela ao entender dos partidos políticos que se presentan ás eleccións do vindeiro 24 de maio. Partidos que criticaron a xestión do goberno do PP, cuxo representante non estivo presente no debate organizado por este emisora para defender o seu traballo no mandato.

O partido socialista a través do seu candidato Eduardo Reguera lembrou que a día de hoxe unha persoa que acuda a Servizos Sociais ten que enfrontarse a unha lista de espera de tres meses, unha demora que ao seu entender “non é asumible para xente que o está pasando moi mal”. Entende por ese motivo que o primeiro paso é axilizar o servizo para que dea resposta ás necesidades dos veciños que están a sufrir en primeira persoa os efectos da crise. Xoan Carlos González sacou peito dos anos nos que o BNG estivo ao fronte deste departamento xa que segundo dixo “o servizo acadou elevadas cotas de calidade sendo un referente en toda Galicia” e asegurou que a chegada do PP a alcaldía supuxo a súa rápida degradacións. Anunciou tamén a creación do Consello municipal de Servizos Sociais. Dende AER anunciaron que a súa primeira medida neste campo será “facer as axudas que se xestionan dende este departamento máis xustas e universais para que cheguen a todos os que as necesiten”. A voceira de Son Redondela Luisa Cayetano falaba de medidas máis concretas como unha renda básica que complemente á Risga e a posta en marcha dunha cociña solidaria Tamén concreta foi a representante de Redondela Pode Mar Núñez que falou da posta en marcha “dun comedor social autoxestionado”.  

Eduardo Reguera PSOE
Os socialistas anuncian que axilizarán os servizos sociais
Xoan Carlos González BNG
Crear o Consello Municipal de Servizos Sociais
Ricardo FIgueroa AER
Axudas máis xustas e universais
Luisa Cayetano Son Redondela
Renda básica complementaria á Risga
Mar Núñez Redondela Pode
Comedor social autoxestionado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará