Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadores de Urbaser ven difícil desconvocar a folga ante a falta de vontade da empresa

RR_Noticias

“A empresa non ten vontade por chegar a un acordo” así o explicaba o representante sindical Alberto Covelo nun receso das negociacións que traballadores e Urbaser están a desenvolver a estas horas e coas que se pretende chegar a un punto de encontro que evite a folga na recollida do lixo que está previsto arranque o vindeiro luns día 18.

A reunión prodúcese logo de semanas sen negociación e tras pedir os empregados a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais para tratar de resolver o conflito. Os traballadores aseguran que non renunciarán a uns mínimos que pasan por un incremento salarial de 325 euros anuais.
O representante sindical Alberto Covelo (CUT) anuncia que “en ningún caso nos imos levantar da mesa, pero vemos case imposible chegar a un acordo ante a actitude da empresa”
Os traballadores celebraron na tarde de onte unha asemblea informativa ás portas do concello para explicar aos veciños os motivos que os levan a convocar esta protesta e pedirlle o seu apoio. Lembraron ademais que a proposta presentada por Urbaser é inasumible polos traballadores e insisten en que a empresa non ten interese por resolver o conflito laboral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará