Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Propoñen converter as telleiras de Cesantes nun museo ao aire libre

RR_Noticias

O Obradoiro de estudos locais Fernando Monroy de Cesantes presenta o vindeiro sábado na Illa de San Simón o libro “As telleiras de Cesantes”, un libro no que se fai un percorrido polo traballo que décadas atrás se desenvolvía nestas fábricas de tellas nas que traballaron moitos veciños da parroquia e que deixaron como testemuño un patrimonio etnográfico e industrial que, segundo advirten, corre o risco de desaparecer ante a desidia da administración. Por este motivo reclaman unha maior implicación das institucións para recuperar este patrimonio histórico e crear un museo a ceo aberto.

O libro “As telleiras de Cesantes” lembra o traballo que se desenvolvía nestas fábricas de tellas recollendo entrevistas mantidas con familiares dos antigos traballadores desta industria que funcionou  na parroquia dende o ano 1781 ata o 1929. Unha publicación coa que se quere reivindicar tamén que os restos dese patrimonio industrial sexa recuperado. Lembran dende o Obradoiro de Estudos Locais que anos atrás realizaron  un traballo de localización dos antigos restos e a súa limpeza así como algunha actividade de promoción pero que a día de hoxe esas telleiras volve estar cubertas de mato “non se colocaron carteis, non se tratou cos propietarios, non se promocionou e non houbo implicación pro parte das institucións de cara a traer do esquecemento o patrimonio industrial de Redondela. Ante esta situación de esquecemento reivindican que haxa unha maior implicación das institución de cara a recuperar estes restos e crear un museo ao aire libre. O libro “As Telleiras de Cesantes” e obra de María José Cabaleiro Casal e José María Bouzón Pintos, e presentarase o sábado nun acto conducido polo historiador e arqueólogo Xosé Lois Vilar. As prazas para achegarse a este acto está esgotadas pero dende a organización lembran que o libro poderá adquirirse nas librerías de Redondela así como en diferente locais da parroquia de Cesantes a un prezo de 10 euros.  

Chus Martínez Amoedo Obradoiro Fernando Monroy
Un museo do patrimonio industrial
Manuel Nieto Cabaleiro Presidente
O traballo de recuperación deixou á vista as antigas telleiras
Presentación literaria
Un acto que terá lugar o sábado e para o cal están esgotadas as entradas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará