Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Casa da Cultura acolle a presentación da Cooperativa Nosa Enerxía

RR_Noticias

Trátase dunha cooperativa de uso e consumo e sen ánimo de lucro cuxo obxecto é comercializar enerxía de orixe renovable certificado. Deste xeito as persoas socias da cooperativa colaborar tamén no obxectivo de cambiar o modelo enerxético actual e que evolucione cara un modelo 100% sostible. Unha actividade organizada pola Agrupación de Electores e que terá lugar na tarde do xoves 7 ás 19:00 horas e na que se falará tamén do funcionamento do mercado eléctrico.

Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa galega que ten por obxecto a comercialización de enerxía eléctrica de orixe renovable, apostando pola sostenibilidade enerxética e por una xestión transparente. A longo prazo a cooperativa ten tamén como obxecto a promoción de proxecto de xeración de enerxía renovable de xeito distributivo. O funcionamento de Nosa Enerxía está baseado no modelo cooperativo, o cal significa que son una organización participativa e aberta. O único necesario para seren socios é facer una chega inicial de 100 euros, cantidade que lle será devolta a cada cooperativista no momento en que decidan deixar de participar do proxecto. Na charla presentación de hoxe falarán dos seus obxectivos a curto e medio prazo. A día de hoxe contan xa con 120 socios, están a piques de comezar a comercializar a enerxía e teñen en mente de cara ao futuro ampliar eses servizos ata chegar a ser produtores.  

Serafín Valencia Nosa Enerxía
Fálanos da charla presentación que terá lugar hoxe xoves
Comercialización da enerxía
Os servizos poderían ampliarse no futuro
120 socios
Cada vez son máis os que confían neste modelo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará