Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sergio Pérez Couñago proclámase subcampión de Europa de Jiu Jitsu Brasileiro

RR_Noticias

O deportista redondelán, do club local Pressa Team, fíxose coa medalla de prata na Súper Copa de Europa disputada a pasada fin de semana en Madrid, e na que participaron máis de 300 aspirantes de seis países. Malia viaxar con molestias por unha recente lesión nun xeonllo, Couñago recuperou sensacións e situouse na elite desta arte marcial.

O Jiu Jitsu brasileiro é unha arte marcial de recente implantación en España que desde hai dous anos conta cun club en Redondela. O Pressa Team, malia ter moi pouco tempo de vida, compite xa a gran nivel nacional e internacional. Sergio Pérez é o seu máximo expoñente, e ten no seu haber ademais desta prata na Súper Copa de Europa, unha Supercopa de España e acadou a prata no II Open Stockmma Internacional. O club redondelán, filial do canario Gil Catarino, conta na actualidade con 15 membros, cuxas idades oscilan entre os 16 e os 40 anos, e adestran no ximnasio Do Yang, en Santa Mariña. A súa próxima cita será un campionato que se disputa en Lanzarote no mes de xuño, se consegue financiamento para a viaxe. Xa en novembro participará de novo en Madrid nunha proba organizada pola Federación Mundial de Jiu Jitsu.  

Sergio Pérez Couñago
Malia viaxar con molestias nun xeonllo o redondelán fíxose coa prata na Súper Copa de Europa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará