Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar entre os afectados pola AP-9 ante o desplante de Audasa e Fomento

RR_Noticias

Tanto a empresa concesionaria como o Ministerio de Fomento aínda non nomearon representante para a Comisión de seguimento alegando que as obras aínda non se iniciaron. Un argumento que os membros da asociación de afectados cualifica de “escusa inxustificada” tendo en conta que xa se están a realizar traballos de limpeza nos piares da ponte e xa se derrubaron dúas casas na parroquia de Chapela. A constitución da comisión que estaba prevista para a tarde pospúxose para a vindeira semana.

A primeira reunión da Comisión de seguimento das obras de ampliación da AP-9 non puido celebrarse logo de que non se presentase a esta convocatoria nin o Ministerio de Fomento nin a empresa Audasa alegando que “as obras non comezaron”. Unha escusa que os membros da asociación non aceptan xa que segundo explica Jesús Crespo “é totalmente falso, as obras empezaron dende o momento en que están a traballar dende hai semanas en Rande na base da ponte e que xa se derrubaron dúas vivendas en Chapela”. O obxectivo da Comisión de seguimento é ter información de primeira man sobre os traballos e sobre como vai quedar a parroquia conforme esas obras se vaian desenvolvendo. Lembran que hai moitos veciños que aínda descoñecen cal vai ser o seu futuro, xa que non saben que vai pasar con todas as propiedades que quedan na zona de dominio público a oito metros a cada lado do vial e as que están dentro dunha liña de servidume de 25 metros. Unha incerteza que está a provocar “angustia e malestar entre os afectados, levando a algúns a ter que recibir tratamento médico”.  

Jesús Vázquez Asociación afectados AP-9
Critican a escusa dada tanto por Fomento como por Audasa
Incerteza sobre o futuro
Moitos veciños aínda non saben que vai pasar coas súasvivendas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará