Hoxe é Venres 21 de Xuño de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Patrimonio obriga a retirar os postes colocados por ADIF no viaduto a Pontevedra

RR_Noticias

A Dirección Xeral de Patrimonio obriga ao Administrador de Insfraestruturas Ferroviarias (ADIF) a desmontar as catenarias instaladas no viaduto e a reparar as cornixas de pedra que foron danadas cando os operarios procederon a cortar as pedras para colocar os postes. A actuación fora denunciada tanto polo colectivo Alén Nós como polo PSOE quen criticaban a agresiva actuación que se estaba a realizar nunha infraestrutura de interese cultural do século XIX.

As denuncias levaron precisamente a que a Dirección Xeral de Patrimonio paralizase as obras de electrificación da vía por carecer da licenza previa necesaria para este tipo de actuación. Agora ADIF deberá proceder a retirar as catenarias e buscar una colocación cun menor impacto visual así como a restaurar ao seu estado orixinal as pedras que foron cortas para realizar a obra.
Dende Alén Nós acusa ao goberno local de mentir “cando o pasado mes de decembro en resposta ás denuncias presentadas aseguraron que as obras contaban con todos os permisos necesarios” e os acusan de non actuar na defensa dun dos maiores patrimonios arquitectónicos do concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará