Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O equipo Sénior Feminino do Campito FS proclámase campión da liga provincial

RR_Noticias

Cun combinado moi novo, con xogadoras mesmo de 12, 15 e 17 anos, o equipo de Segunda Provincial fíxose co campionato logo de impoñerse ao segundo clasificado, o Xeve, cun marcador de 8-2. Aínda quedan tres xornadas para que remate a liga, e o equipo que adestra Fredy Serrano segue invicto.

Acumulan uns números de vertixe, contan todos os seus partidos como vitorias, con 96 goles a favor e só 13 en contra. A falta de 3 partidos para acabar a liga proclamáronse campioas de liga na Segunda Provincial, con 14 puntos de vantaxe sobre o segundo. Iso a pesar da mocidade do equipo, que está integrado por 12 xogadoras entre as que hai unha Xuvenil , dúas Cadetes e dúas Infantís. Na xornada do domingo viviron un día grande no Pavillón de Reboreda, con numerosa presenza de público para arroupar ao equipo e acadar o obxectivo do ascenso. O presidente do club, Iago Fernández, salienta a calidade do equipo e tamén “o traballo e o compromiso do adestrador”, Fredy Serrano, na súa primeira temporada como técnico. O equipo feminino militará a próxima temporada na Primeira Provincial, e no club aspiran a dar “un paso máis”. O traballo coa canteira é “fundamental” para Fernández. O Campito F.S. conta con case 140 licencias, e poderían seguir en aumento. Pero o presidente sinala que están limitados “pola falta de instalacións”. De feito moitos dos equipos base deben adestrar en Vigo, e as competicións de liga repártense entre Chapela, Reboreda e Cabeiro. Confía en que as instalacións do novo pavillón de Redondela sirvan para dar cabida a todos e mellorar os horarios, xa que agora o equipo sénior masculino debe adestrar das 23.00 ás 00.30 horas. Liga Autonómica Masculina Agora están na recta final da liga, ao equipo da Liga Autonómica réstanlle cinco xornadas, e xa teñen a permanencia matematicamente asegurada. Unha circunstancia que, segundo o presidente, relaxou en exceso aos xogadores, que perderon a pasada xornada fronte a Autos Leirós por 8-1. Fernández lamenta o baixo rendemento dos xogadores e agarda que na próxima cita fronte ao Baíña mellore a imaxe do equipo e tamén os resultados.

Iago Fernández presidente do Campito F.S.
A directiva amósase moi satisfeita co rendemento do equipo unha aposta pola canteira do club con xogadoras moi novas.
Liga Autonómica Masculina
O presidente lamenta que o equipo teña baixado o nivel unha vez acadada a permanencia e aposta por recuperar a competitividade na recta final da liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará