Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Podemos, Eu e Anova forman Son Redondela, unha candidatura liderada por Luisa Cayetano

RR_Noticias

A candidatura que se presentará aos vindeiros comicios municipais preséntanse co obxectivo de “ser unha alternativa real de goberno ao PP” e na súa listas atopamos membros de Anova, Esquerda Unida, Podemos e independentes. Defínense como unha candidatura de unidade cidadá e está encabezada pola militante de Podemos Luísa Cayetano.

Preséntanse como unha alternativa real de goberno ao PP que poña o concello ao servizo da xente para garantir unha vida digna aos veciños. “Un concello que promova o dereito á educación, á sanidade, á vivenda digna e a unha renda mínima a todas as persoas”.
A cabeza de lista será a militante de Podemos Luísa Cayetano, quen formara parte anteriormente de AER. No segundo posto está Óscar Benavides de Equerda Unida e no terceiro a tamén militantes de Podemos Eva Pereira. Completan os dez primeiros postos Laura Domínguez (Podemos), Alejo Senra (EU), Catuxa Pato ( Anova), Cris Blanco (Anova), Lino Pereira (Independente), Rafa Balado (Anova) e Xurxo Valcárcel (Anova).
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará