Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres dos dez trens de alta velocidade farán parada na estación de Os Eidos en Redondela

RR_Noticias

Renfe estrea este sábado o Eixo Atlántico da alta velocidade por onde circularán dez frecuencias diarias en cada sentido, entre Vigo e A Coruña. Das dez frecuencias que partirán da nova terminal de Urzaiz, sete deteranse tan só en Pontevedra, Vilagarcía e Santiago antes de chegar á Coruña. As tres restantes, as que saen de Vigo ás 6:45, 13:25 e 21:35 inclúen paradas tamén en Redondela, Arcade, Padrón-Barbanza ou Cerceda-Meirama. A nova liña supón un aforro medio de media hora en todo o percorrido respecto dos trens que parten dende Guixar con paradas na antiga estación de Redondela e no apeadeiro de A Picota.

Renfe estrea o vindeiro sábado 18 de abril o Eixo Atlántico por vía de alta prestación entre A Coruña e Vigo con 10 frecuencias diarias por sentido de servizos rápidos de media distancia, o que permitirá incrementar o número de prazas e mellorar os tempos de viaxe.
Os novos servizos rápidos pararán nas estacións de A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra y Vigo-Urzaiz. Haberá tamén paradas en Padrón-Barbanza, Redondela, Arcade y Cerceda – Meirama.
No caso de Redondela, os trens en dirección A Coruña farán parada na estación de Os Eidos ás 6:53. 13:33 e 21:43. En dirección contraría, é dicir, os trens que circulan en dirección Vigo deteranse na nova estación ás 8:24, 14:21 e 22:27, segundo publica Renfe na súa páxina web.Unha hora e vinte minutos é o que tardarán os trens de alta velocidade en percorrer a distancia entre Vigo e A Coruña no caso dos trens con menores paradas. Os que se deteñen na estación de Redondela tardarán algo máis, ao redor dunha hora e media.
Facer ese mesmo percorrido dende a estación de Guixar, con paradas na antiga estación de Redondela e no apeadeiro de A Picota supón algo máis de dúas horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará